Andaria eu nos doce anos e pediame o animo pasear so polos caminos, cando dei en argallar un xogo q chegou a se me converter nunha paixon. Consistia en pillar unha bolboreta e metela na boca para,coas meixelas moi inchadas, tela ali dentro sentindo o seu revoar. Tina q ter moito tino de non lle facer dano ningun.
Gozar uns segundinos con aquela agradabel sensacion e, depois, abrir para vela sair voando. Repetia aquilo con frequencia. Aprendera a alongar o gozo de ter a bolboreta na boca. A cousa era aguantar a respiracion o mais q puidese. O pracer medraba se cerraba os ollos e me concentraba en imaxinar o insecto no interior da mina boca. Lembrar as suas cores, o trazado do seu voar, as suas lenes as...
Um dia conteille o meu xogo a unha nena da que estaba moi namorado.Ela non sabia facelo, e durante os dias q seguiron fixenlle moitas demonstracions.Intentaba facer o mesmo ca min, pero aguantaba moi pouco coa bolboreta na boca.
Esforzabame en lle aprender, mais os seus avances eran cativos.Dicia q lle facia coxegas e pegaba a rir, deixando fuxir a bolboreta.
A aprendizaxe do xogo fixo posibel q entre nos camezase unha relacion q me era moi agradabel,q case me enchia.Ainda q tamen me producia un grande desasosego comprobar q non daba aprendido a compartir o meu xogo.
Pero un dia, mentres unha bolboreta me enchia a boca de azul e cerraba os ollos para identificar ben todas as sensacions q elle contaria despois, sentin q me dicia:
-Pasama.
Notei os seus labios nos meus.
Sentin que abria a boca e eu abrin a mina.
A bolboreta pasou tocando lixeiramente a mina lingua. Ela pechou os labios atrapando todo aquel azul.
Abrin os ollos para ver como cerraba ela.
Por primeira vez desde q comezara con aquel xogo, o pracer q sentia mentres tina unha bolboreta na boca prolongouse alen do momento de deixala ir.
Mantivose en min tanto tempo como estivo na sua boca.
Cando a deixou fuxir abriu os ollos e dixome:
-Xa empezo a saber ter unha bolboreta na boca.
Ergueuse e marchou a correr.
De lonxe pareceume sentir q dicia:
-Mana pasasme outra.
Daquela sentin milleiros e milleiros de bolboretas voando dentro de min.